O club de debate do noso IES, coordinado desde a Biblioteca, asistiu hoxe a un debate realizado polo alumnado de terceiro curso do Grao de Dirección e Xestión. Vivimos a dinámica do debate en directo e xa temos ganas de empezar a traballar no noso debut!
Biblioteca IES Xunqueira II
Blog da Biblioteca e os Clubs de lectura do IES Xunqueira II
luns, 15 de abril de 2024
martes, 9 de abril de 2024
Última sesión do club de lectura Petiscos de arte
Na tarde de hoxe celebrouse a última sesión do club de lectura Petiscos de arte. Traballamos co libro Mira qué artista. Alexander Calder da editorial Combel e coa arte cinética.
luns, 8 de abril de 2024
Roteiro ao Pazo de Meirás e A Coruña de Luísa Villalta
O pasado martes 2 de abril, o alumnado dos Clubs de Lectura de Narrativa e Igualdade desfrutou dunha visita guiada ao Pazo de Meirás despois de ter lido a obra de Eva Mejuto, A ladroa da biblioteca de Meirás. A visita foi realizada grazas ao Concello de Sada e á Deputación da Coruña, quen facilita as guías de xeito gratuito. Soubemos así da historia deste lugar, que pertenceu nun primeiro momento a dona Emilia Pardo Bazán e pasou despois, xa en ditadura, a mans da familia Franco, tal e como se relata tamén na novela de Eva Mejuto.
Pola tarde, os alumnos e alumnas realizaron un roteiro pola cidade de A Coruña acompañados pola escritora Eli Ríos, que os guiou polos espazos nos que discorreu a vida e a obra de Luísa Villalta, escritora, filóloga e violinista galega á que se lle adica o Día das Letras Galegas neste ano 2024. Ninguén mellor que Eli Ríos para levar a cabo este labor, xa que é coautora do libro Alma de violino, biografía de Luísa Villalta, obra da que o alumnado leu parágrafos significativos. Tiñan xa coñecemento desta escritora por ter lida a biografía editada por Xerais Melodía de palabras, feita por María Canosa.
O noso alumnado foi acompañado nesta xornada literaria polo Club de Lectura do IES Sánchez Cantón (Nube de palabras) e a súa coordinadora, Anxos Rial. É grazas á súa xenerosidade que puidemos facer esta viaxe de xeito gratuíto, pois correron con todos os gastos do transporte. Moitas grazas!
∑
venres, 22 de marzo de 2024
Última xornada da Semana CAM 2024
Na xornada de hoxe tivemos un faladoiro sobre os cómics favoritos dos clubs de lectura de Xunqueira I e Xunqueira II. Despois, celebramos o Pasapalabra cos oito clasificados do Kahoot de onte e acabamos a xuntanza cun obradoiro de koinobori e chapas e unha merendola na cafetería. Grazas a Cecilia, Gema, Mohamed, Juan, Óscar e Nora pola coordinación das actividades de hoxe.
xoves, 21 de marzo de 2024
Actividades da Semana CAM
mércores, 20 de marzo de 2024
A biblioteca recomenda El duelo de Paula Cheshire
A semana pasada tivemos o pracer de coñecer a Paula Cheshire no marco do Salón do Libro de Pontevedra, e quedamos con ganas de achegarnos á súa obra. Trala lectura de El duelo, non podemos deixar de recomendárvolo. Trátase dunha obra en viñetas e autobiográfica na que a autora explica o proceso vivido trala morte da súa nai por un cancro. É un libro para chorar, empatizar, comprender as emocións dunha filla que perde, inxustamente, á persoa máis importante da súa vida. Mais tamén para rir coas súas ocorrencias, gozar dunhas ilustracións potentísimas e descubrir, con ela, que a arte pode ser unha terapia.
Non nos dá chegado o momento de ler a seguinte: Me das ansiedad. E que veñan moitas máis para seguir gozando da BD de Paula. E da súa especial sensibilidade.