Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



miércoles, 4 de noviembre de 2015

Videoconferencia de Xurxo Mariño

 Hoxe coñecemos a través dunha videoconfencia de Xurxo Mariño como as percepcións, as emocións, o noso eu non son máis que construccións dunha máquina, chamada encéfalo. Que miles de millóns de neuronas comunícanse entre si e iso fai posible crear a mente e a realidade. O título da conferencia era precisamente A máquina que constrúe a mente e a realidade.

A pesar dos problemas técnicos que tivemos para seguila, ao final varios alumnos enviaron por twitter varias preguntas que foron respondidas de inmediato polo profesor. Por exemplo, como e de que material son as sondas que se introducen no cerebro para detectar a actividade das neuronas? As persoas con algunha enfermidade neurolóxica teñen patróns similares na actividade das neuronas? Os científicos poden interpretar "o código de barras" das neuronas?



 Xurxo Mariño é Doutor en Ciencias Biolóxicas e profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña. Pero ademais realiza moitas actividades de divulgación do coñecemento científico, como é o caso desta videoconferencia ou publicacións de libros onde pon a ciencia ao alcance de todos. Por certo, na biblioteca podedes atopar algúns deles: "Os dados do reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas" e "Neurociencia para Julia". 


A actividade foi organizada pola Coordinadora Galega de ENDL, con motivo da celebración do
VI Día da Ciencia en Galego, e sumámonos a ela o Equipo de Normalización e o Equipo de Biblioteca do centro.


 



No hay comentarios: