Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



jueves, 4 de mayo de 2017

Concurso de Fotografía: "Mergúllate no río"



Xa temos gañadores do Concurso de Fotografía Mergúllate no río.
Aínda que soe a tópico (pero non o é), o xurado tivo moi difícil a escolla porque presentáronse fotos moi boas e con miradas moi diferentes do Río Lérez e o seu entorno. O resultado é:
1º Premio: Unha pinga de cor no Lérez de Gloria Rivas (1º ESO D)
2º Premio: Outono no Lérez de Carmen Pazos (3º ESO D)
Premio do público: Luscofusco no Lérez (1º BAC B)





 
















martes, 2 de mayo de 2017

Non leas...






Funciona a psicoloxía inversa? Haberá que esperar resultados pero polo momento parece que si. Explícome. Para o Día do Libro, e coa intención de animar á lectura, a biblioteca invitou a alumnos, profesores, personal non docente e a todo o que quixera participar na actividade  a que completaran a frase NON LEAS....
O obxectivo era, claro está, encontrar motivos para ler. É dicir, vencer a resistencia psicolóxica que ponemos a facer algo que se nos impón (psicoloxía inversa). Se nos din: non leas, pois haberá que ler ou polo menos atopar razóns para ler. 
En realidade non tratamos de aplicar esta técnica conductista senón simplemente aportar motivos -que xa vemos que hai moitos- para ler, partindo da mensaxe contraria.
O resultado pode verse nos pos-it que os autores pegaron na mampara da cafetería.
Invitámoste a lelos. Ou mellor NON LEAS...





jueves, 6 de abril de 2017

Samuel Mountoumnjou, un contacontos orixinal



Con motivo da celebración da Semana da Francofonía, o departamento de Francés invitiu a un contacontos camerunés, Samuel Mountoumnjou, fillo da tradición oral, que fixo as delicias do alumnado e dos docentes, achegándonos a  contos e lendas africanas, cheas de cor, que nos fixeron viaxar por uns intres polo continente africano.




lunes, 3 de abril de 2017

Visita á exposición "Con A de Astrónomas"





























O venres 27 de Marzo alumnos de 1º ESO asistiron a inauguración da exposición Con A de Astrónomas, que tivo lugar na Diputación de Pontevedra, onde se mantén a mostra ata o 15 de Abril.
Nos diferentes paneis que a forman faise un percorrido histórico polos principais fitos da astrofísica e ponse de manifesto o papel das mulleres astrónomas dende a antigüidade ata os nosos días: Aglaonike, Hipatia, Caroline Herschel, Williamina Fleming, etc.
Na preparación da mostra participaron astrónomas de diferentes centros de investigación, entre elas Josefina Ling, profesora de Astronomía e Astrofísica da Facultad de Matemáticas da Universidade se Santiago de Compostela, e Eulalia Pérez Sedeño, historiadora e investigadora da ciencia no CSIC.
En palabras de Ling, comisaria da mostra, o obxectivo deste traballo é "mostrar a astronomía desde unha nova perspectiva, tendo en conta a visión e as aportacións dalgunhas mulleres que foron astónomas ilustres",













martes, 7 de marzo de 2017

Charla de Ricardo Tubío: "De Galicia ao espazo"





O Martes 7 de Febreiro recibimos a visita do enxeñeiro Aeronáutico, Ricardo Tubío Pardevila.
Falou das súas "peripecias galegas polo mundo adiante e máis alá", nunha amena e interesantísima charla titulada, De Galicia ao espazo.
Ricardo deunos moitas ideas para o noso proxecto 17M17 Evasión do planeta Terra,  que vamos a aproveitar, seguro. Aínda que novo, xa ten moita experiencia nesto dos satélites e do espazo.  Participou no Proxecto XaTcobeo, que desenvolveu e puxo en órbita o primeiro satélite artificial galego, que ademais foi o primeiro satélite non militar español. Máis tarde traballou no Proxecto HumSAT-D, segundo satélite galego. E como non hai dous sen tres, o Proxecto Serpens, terceiro satélite galego, tamén contou coa súa colaboración.
Ricardo Tubío falou non só das súas experiencias profesionais senón tamén das súas vivencias nesta intensa viaxe cara ao espazo e animou aos rapaces a que se atopan o que lles gosta, poderán chegar a onde se propoñan: Da vosa vida podedes facer o que queirades! Atopade o que vos gusta, sempre chegaredes a onde debedes estar!”




domingo, 26 de febrero de 2017

Día da língua materna e día de Rosalía.


Ola Totems!!



Día da lingua materna from bibliototem on Vimeo.

A pasada semana celebramos o día da língua materna e tamén o día de Rosalía, se ben é certo que ámbolos dous pasaron bastante desapercibidos por mor do carnaval en ciernes que tiñamos á vista. Non obstante, na Biblioteca fixémonos eco destas dúas efemérides, e preparamos unha actividade con algúns voluntarios que se prestaron a ler textos en línguas diferentes á nosa. Dámoslles as gracias por participar a todos eles. Tamén tivemos algúns "forzosos", ós que reclutamos sobre a marcha, como extras e figurantes. Fixérono todos moi ben e a eles tamén lles agradecemos que estivesen quediños como estatuas.
O resultado final é este video que agora vos presentamos.
Esperamos que vos guste.

sábado, 11 de febrero de 2017

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia



Gabriela Gonzalez, Celina M. Turchi, Alexandra Elbakyan, Elena Long, Hipatia de Alejandría, Jane Goodall, Rosalind Franklin, Marie Curie, María Josefa Wonenburger, María José Alonso, Margarita Salas, Sophie Germain, Emmy Noether,  Barbara McClintock,  Lise Meitner, Gerty Theresa Cori , Rosalyn Yalow , Bárbara Mc Clintock, Rita Levi-Montalcini, Pilar Mateo, Celia Sánchez Ramos, María A. Blasco, María Vallet-Regí, Jocelyn Bell, Esther Lederberg, Chien-Shiung Wu, Henrietta Leavitt, Alicia Calderon, Margarita Marqués, Begoña Vila, Augusta Ada Byron (Condesa de Lovelace), Ida Tacke, Vera Rubin, Émilie du Châtelet, Gertrude B. Elion, Christiane Nüsslein-Volhard, Linda B. Buck, Francoise Barré-Sinoussi, Inmaculada Paz-Andrade, María Teresa Miras, Marisol Soengas, Carmen Navarro, Cecilia Payne, Caroline Herschel, María Agnesi, Laura Bassi, Jocelyn Bell Burnell, Elizabeth H. Blackburn, Carol W. Greide, Carmen García, Amelie Meyer, Allison Bailey, Gertrudis de la Fuente…

Son unha pequena mostra de mulleres que dedicaron ou dedican unha parte importante da súa vida á ciencia. Sen embargo, para facer esto posible, foron e son moitas as barreiras que ten que superar. De acordo cun estudo realizado en 14 países, a probabilidade de que as estudiantes terminen un grao, unha maestría e un doctorado nalguna materia relacionada coa ciencia é do 18%, 8% e 2%, respectivamente, mentres que a probabilidade para os estudantes masculinos aumenta a 37%, 18% e 6%.

Esto explica que só o 28% das persoas que se dedican á investigación sexan mulleres. E se nos fixamos nos recoñecementos e premios, as cifras aínda son máis chamativas. Por exemplo, dos 590 científicos galardonados co Premio Nobel tan só 17 son mulleres.
Se nos centramos no noso país, aínda que se matriculan e gradúan máis mulleres que homes en carreiras científicas, o acceso a oportunidades de emprego non se corresponde coa súa supremacía no campo formativo. Según un informe do CSIC, as mulleres ocupan só o 20% dos postos directivos relacionados coa ciencia e tan só o 18% reciben os premios científicos otorgados en España. Estes datos non sorprenden se temos en conta que neste mesmo informe, elaborado no 2015, un 63% dos españois consideraban que as mulleres non dan a talla en labores científicas de alto nivel.
Sobran, pois, os motivos para que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamara o 11 de febreiro de cada ano o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. O que busca a celebración desta data é  visibilizar o traballo das investigadoras e impulsar o papel da muller na ciencia.